Fixo o seu primeiro Camiño en 2013. O ano anterior traballaba como voluntaria no Festival de Cinema de Indianápolis, no que proxectaron e viu a película The Way. Nesa película ela recoñeceu algo propio: o seu desexo de aventura e, ademais, de aventura en Europa, que ela non coñecía. Pareceulle que a idea de facer o Camiño respondía a unha combinación de desexos e soubo que quería facelo, pero a pensaba que era imposible polo diñeiro e polo tempo, de modo que deixou de lado a idea.
O imposible, con todo, empezou pronto a non selo tanto. Janet é escritora e editora, e soubo que unha persoa a quen estaba editando o seu traballo ía vivir a Irlanda durante un ano, un ano sabático, convidouna a ir visitala e ela decidiu facelo porque estaba preto do Camiño. A partir desa decisión empezou a pensar seriamente que podería facer o Camiño, de modo que decidiu que necesitaba diñeiro extra e buscou o modo de conseguilo. Presentouse a unha entrevista e conseguiu un contrato de tres meses nunha exitosa compañía de informática. Pagaban ben e con ese diñeiro podería facer o Camiño.
O edificio no que traballou durante eses meses era enorme e o traballo que tiña que desenvolver podía facelo nun tempo menor ao do seu horario, de modo que comezou a proveitalo para preparar o seu Camiño no computador e a rede pero, tamén, fisicamente. Camiñando arriba e abaixo nese inmenso edificio, subía e baixaba as escaleiras sen parar para adestrarse para o seu Camiño.
O que pensara ao ver a película The Way -que nunca vivira unha aventura-, ese pensamento levouna a converterse en independente e a decatarse de que podía facer grandes cousas e superar os seus medos.
Comezou o seu primeiro Camiño no mes de maio, en Saint-Jean- Pied-de- Port. Ao comezo nevaba. Decidiu empezalo alí porque algo no seu interior dicíalle que tiña que percorrelo completo, non quería poñerse límites e empezar acurtándoo, dalgún modo pensaba que non quería limitarse a si mesma. Quería unha experiencia ilimitada, porque se decataba de que, a pesar de que facía un traballo independente, toda a súa vida estivera recluída nos límites que existían na súa mente.
Fíxoo e alégrase moito, sentiuse moi alegre de logralo, máis aínda por soa.
Janet di que atopou milagres ao longo do Camiño. Desde o comezo o Camino pareceulle unha metáfora da vida: camiñas, atopas xente e diferentes situacións e vas adiante. Fixo amizades, unha moi importante, alguén que é aínda moi amigo, foi un proceso ao longo do Camiño, separábanse e volvían atoparse. É alemán e aínda son bos amigos. Ela foi mesmo a visitalo despois do seu segundo Camiño.
No Camiño sentiu todo tipo de cousas, tamén tristeza e soidade, pero supéranse facilmente porque ves aos outros e daste de conta de que para todos as emocións veñen e van.
Ao comezo dáballe medo durmir en albergues, con tanta xente. Ás veces espertábase no medio da noite con medo, pensado que non podía facer iso; tamén a choiva no Camiño preocupáballe. Ao final perdeu o medo ou, mellor, decatouse de que en realidade o que cría que lle asustaba gustáballe, incluso os albergues. Divírtenlle os cambios, aprendeu que lle gustan os cambios e os desafíos. E, sobre todo, encantoulle vivir dun modo continxente, non saber o que vai ocorrer permíteche ver que, dalgún modo, todo é posible.
O final do seu primeiro Camiño foi un pouco triste porque tiña que separarse do seu amigo, pero decidiu camiñar un pouco máis, a Fisterre, e tamén visitar Porto e ao final seguiu camiñando de regreso a Santiago. Pero despois de que o seu amigo partise non gozou igual da aventura.
Cando regresou a Estados Unidos notou que xa non tiña medo de enfrontarse ás cousas que lle asustaban e a vivir aventurándose máis. Por exemplo, a falar en público, algo que antes lle asustaba. Enfrontouse a falar en público en América e acabou descubrindo que lle gustaba facelo, cando se atrevía a mirar ao público e vía que estaban interesados e emocionados gozaba. Comezou a colaborar cunha empresa dando charlas sobre o Camiño no seu país, conferencias. Continúa dando conferencias para unha compañía que vende material de deporte (para trekking), conferencias sobre o Camiño.
Agora acaba de facer o seu segundo Camiño. Empezouno cunha amiga que non se atrevía a facelo soa, pediulle acompañala e aceptou. A experiencia foi difícil e acabaron separándose despois de 3 semanas. A súa amiga era demasiado dependente. Separáronse en Rabanal, desde onde Janet continuo soa. Camiñar con alguén que estaba sempre controlando, reservando, planificando… levábaa á súa rutina en América e afastábaa do Camiño. Por esta razón cre que o seu Camiño comezou en Rabanal. Foi un Camiño moi estraño.
Agora pensa que lle gustaría ser hospitaleira en Grañón, e gustaríalle facelo moitas veces no futuro. Quere escribir sobre o Camiño e dar algunhas conferencias. De feito, está a escribir un libro, é un libro que toca o sobrenatural na súa vida pero tamén o seu Camiño. Ademais debuxa e quere ilustralo cos seus debuxos.
Dende que comezou a seguir o seu desexo de facer o Camiño, todos os seus desexos parecen cumprirse. Deixou o seu apartamento e cando regrese a América irá á duns amigos, tamén a visitar á súa nai e completar alí o seu libro. A súa nai ten 93 anos e gustaríalle entrevistala e escribir tamén algo sobre ela. Ademais completou o seu primeiro libro para colorear para adultos -que vende en Amazon- e na súa propia páxina web construída por ela mesma. Antes este tipo de proxectos e desexos parecíanlle imposibles, agora faios.