A Fundación Jacobea inicia a súa andaina co desexo de poñer o seu traballo ao servizo da promoción e defensa das vías de peregrinación, en particular dos Camiños de Santiago, xerando proxectos e intervencións que contribúan á mellora da súa contorna social e cultural.

A institución nace coa intención de defender e promover os valores e filosofía consubstanciais ás peregrinacións ao longo da historia, pero tamén moi ligada á realidade do século  XXI, cunha vocación internacional e interdisciplinar e un compromiso decidido coa investigación e a innovación do noso tempo.

MISIÓN

A Fundación Jacobea nace co obxecto de promocionar o patrimonio cultural, artístico e histórico, a defensa do  medioambiente e a promoción do desenvolvemento local -social e económico- no marco dos Camiños de Peregrinación, facendo especial énfase nas Rutas Xacobeas e na súa  internalización a través da profesionalización do turismo.

Valores Fundación Jacobea

FINS E VALORES

A atención ao patrimonio cultural dos itinerarios de peregrinación do Camiño de Santiago, tanto material como inmaterial, e o apoio aos novos talentos artísticos, no marco destes itinerarios.

A promoción, fomento e xestión de servizos e estruturas para a atención e acollida dos peregrinos e visitantes dos Camiños de Santiago, tratando de respectar os principios de accesibilidade universal.

O impulso das TIC aplicadas e dirixidas ao desenvolvemento sustentable.

A formación de voluntarios e figuras profesionais para a acollida, mantemento e desenvolvemento turístico-cultural dos itinerarios de peregrinación.

A promoción e desenvolvemento dos valores propios da peregrinación: constancia, austeridade, esforzo, afán de superación, e racionalización á hora da toma de decisións. Así como o intercambio de experiencias na acollida e promoción dos Camiños de Santiago.

A mellora da calidade de vida das persoas, especialmente da infancia e da mocidade, utilizando o  “Know  how” da Fundación e dos seus colaboradores.